![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgBXA8rXDZINjoHjKNF8tIwCagvTTACUoj5mipBN_1_jC0ZMl4uE0d31nYLs9yZlhcm3wnjtKo3toHTKI8SL8pRQMbZDIFzz2q8nx_u5_LirD-gY5RA8sCcD70gTGYSaJ1kpLq_FWLv843I/s200/gimp-splash.jpg)
GIMP (GNU Image Manipulation
Program) é un programa de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de
bits, tanto debuxos coma fotografías. É un programa libre e gratuíto.
Está englobado no proxecto GNU (sistema operativo completamente libre).
Gimp
é unha alternativa firme, potente e rápida a Photoshop para moitos
usos, aínda que non se desenvolveu como un clon del e posúe unha
interface bastante diferente.
GIMP
le e escribe a maioría dos formatos de ficheiros gráficos, entre eles;
jpg, gif, png, pcx, tiff, os de Photoshop, ademais de posuír o seu
propio formato de almacenamento de ficheiros, xcf. É capaz de importar
ficheiros en pdf. Tamén importa imaxes vectoriais en formato svg
creadas, por exemplo, con Inkscape.
GIMP. Aquí podedes descargalo.