 Unha web propia ou tamén un caixón de sastre
Unha web propia ou tamén un caixón de sastre
QUE?
Google Sites
PARA QUÉ?
Google
  sites é unha aplicación online que permite crear sitios web con  
información variada como textos, vídeos, calendarios, presentacións,  
ficheiros
Toda esta información pode ser compartida e editada por quen o usuario decida.
A información aloxada no noso sitio tamén se pode utilizar dende outros obxectos web como bloques ou outras páxinas.
ONDE?
Dende a páxina principal do buscador de google facendo clic en sites ou directamente na seguinte dirección: https://sites.google.com/
COMO?
1. Accedemos a google sites dende o navegador web que utilicemos habitualmente.
2.
  Precisamos ser usuarios rexistrados en google normalmente se 
dispoñemos  dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de 
acceso  escribimos nome de usuario e contrasinal.
3. Unha vez accedemos a google sites debemos darlle nome ao noso sitio e completar a URL que comenzará da seguinte maneira:
http://sites.goole.com/site/.....o
  que nos queiramos. Tamén podemos facer unha pequena descrición. 
Despois  eleximos entre certas opcións sinxelas. Prememos en crear 
sitio.
4.
  Xa na páxina de inicio podemos comezar o deseño da mesma tendo en 
conta  que será a portada do noso sitio Web. Para editala prememos en 
"Editar  páxina" e para configurala en "Mas Acciones"
5. A partir de aquí creamos a nosa páxina utilizando os menús despregables que nos permiten insertar os diversos elementos
6. Premendo en Crear página nueva e editando a páxina creada podemos ir construindo a estrutura do noso sitio web.
7.
  Lembrar que ainda que non nos interese crear un sitio web, Google 
sites  pode resultarnos útil para aloxar elementos que despois poderemos
  incrustar no noso blogue, por exemplo un reproductor flash de 
ficheiros  mp3 ou os mesmos ficheiros. Outro exemplo: aloxamos un 
ficheiro kmz de  google earth para logo reproducilo a través do "embeded
 tour player".
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
EXEMPLOS
ver vínculos na última dirección do apartado anterior: EXEMPLOS. 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario