
Delicious  é un instrumento particularmente útil cando unha persoa traballa en  varios sitios, por exemplo na casa e no colexio, como é o caso de moitos  docentes e alumnos. Delicious  é un sitio onde gardamos, organizamos e intercambiamos as direccións  web que nos interesan. Cumpre a función de “favoritos” no navegador,  pero ademais, sempre está en liña e isto significa que podemos acceder  ós vínculos que gardamos desde calquera lugar e dende calquera ordenador  que teña conexión a internet.
Para  utilizar Delicious, haise que dar de alta, é gratuito e só nos pide un  nome e un contrasinal. É un instrumento moi útil. Con Delicious, sempre  temos acceso ás nosas direccións web encontradas anteriormente, e  clasificadas, xa que este instrumento permite organizar en carpetas as  páxinas encontradas.
Video para aprender a manexar delicious 
http://velaldo.ning.com/video/ 
No hay comentarios:
Publicar un comentario