QUÉ?:
Planetaki
PARA QUÉ?
Un planeta serve para ler as túas webs favoritas nunha única páxina. Ademais podes, se queres facer o teu planeta público.
É posible, por exemplo, crear un planeta para clase onde incluir as páxinas que poden consultar os alumnos frecuentemente.
ONDE? www.planetaki.com
COMO?
1. Despois de acceder a páxina principal resistrámonos: Nome do planeta, dirección, eleximos se vai ser público ou privado, o idioma (inclúe o galego como opción) e os datos de acceso (correo, e contrasinal para planetaki, lóxicamente non deberá coincidir coa do blogue xa que estaríamos permitindo o acceso ao mesmo.
2. Despois do rexistro engadimos as direccións web que queremos que aparezan no noso planeta. En realidade funcionará unicamente con páxinas de contido dinámico, pensadas para actualizar con frecuencia: Blogues, Galerías fotográficas en liña, Redes sociais e non con páxinas estáticas polo que a súa utilidade e limitada.
3. A páxina contén preguntas frecuentes e un blogue que recolle as últimas novidades.
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://blog.planetaki.es/ blogue de planetaki en español.
Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacións google. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacións google. Mostrar todas las entradas
lunes, 19 de noviembre de 2012
martes, 6 de noviembre de 2012
Aplicacións: Google Sites
Unha web propia ou tamén un caixón de sastre
QUE?
Google Sites
PARA QUÉ?
Google
sites é unha aplicación online que permite crear sitios web con
información variada como textos, vídeos, calendarios, presentacións,
ficheiros
Toda esta información pode ser compartida e editada por quen o usuario decida.
A información aloxada no noso sitio tamén se pode utilizar dende outros obxectos web como bloques ou outras páxinas.
ONDE?
Dende a páxina principal do buscador de google facendo clic en sites ou directamente na seguinte dirección: https://sites.google.com/
COMO?
1. Accedemos a google sites dende o navegador web que utilicemos habitualmente.
2.
Precisamos ser usuarios rexistrados en google normalmente se
dispoñemos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de
acceso escribimos nome de usuario e contrasinal.
3. Unha vez accedemos a google sites debemos darlle nome ao noso sitio e completar a URL que comenzará da seguinte maneira:
http://sites.goole.com/site/.....o
que nos queiramos. Tamén podemos facer unha pequena descrición.
Despois eleximos entre certas opcións sinxelas. Prememos en crear
sitio.
4.
Xa na páxina de inicio podemos comezar o deseño da mesma tendo en
conta que será a portada do noso sitio Web. Para editala prememos en
"Editar páxina" e para configurala en "Mas Acciones"
5. A partir de aquí creamos a nosa páxina utilizando os menús despregables que nos permiten insertar os diversos elementos
6. Premendo en Crear página nueva e editando a páxina creada podemos ir construindo a estrutura do noso sitio web.
7.
Lembrar que ainda que non nos interese crear un sitio web, Google
sites pode resultarnos útil para aloxar elementos que despois poderemos
incrustar no noso blogue, por exemplo un reproductor flash de
ficheiros mp3 ou os mesmos ficheiros. Outro exemplo: aloxamos un
ficheiro kmz de google earth para logo reproducilo a través do "embeded
tour player".
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
EXEMPLOS
ver vínculos na última dirección do apartado anterior: EXEMPLOS.
domingo, 4 de noviembre de 2012
Aplicacións: Slides
Baixo
este mesmo epígrafe agrúpanse varios programas que teñen en común o
tratamento de imaxes. Imos comentar en concreto dous deles: slideshow e
slideshare.
QUE?
Slideshow e slideshare son aplicacións da web 2.0 que mostran presentacións online.
PARA QUE?
Slideshow é un programa para facer presentacións de fotografías.
Slideshare
é un programa para facer e publicar presentacións de imaxes do tipo
powerpoint (con imaxes, textos, esquemas, gráficos, etc.) pero sen as
transicións e as animacións.
ONDE?
Slideshow en http://www.slide.com/
Slideshare en http://www.slideshare.net/
COMO?
TITORIAIS
Práctica 13: Slides
Usando as aplicacións Slides vistas anteriormente (Slideshow e
Slideshare) buscade varias presentación sobre diferentes temas e
publicades no voso blogue. Para descargas esas presentacións
necesitaredes rexistrarvos nas aplicacións Slides. Ver Titorial Slides.
miércoles, 31 de octubre de 2012
Práctica 12: Google maps
A práctica consiste en incluir no blog personal varios mapas.
Busca, por exemplo, en “Google maps” a rúa ou lugar no que vives.
Na parte superior dereita da pantalla aparece o termo “enlazar”. Aquí temos dúas opcións: A URL do mapa (que aparece en primeiro lugar), ou o código HTML para insertar nun sitio web.
Debaixo da segunda opción temos a posibilidade de ver unha vista previa e personalizar a presentación do mapa (tamaño, vista satélite…).
Busca, por exemplo, en “Google maps” a rúa ou lugar no que vives.
Na parte superior dereita da pantalla aparece o termo “enlazar”. Aquí temos dúas opcións: A URL do mapa (que aparece en primeiro lugar), ou o código HTML para insertar nun sitio web.
Debaixo da segunda opción temos a posibilidade de ver unha vista previa e personalizar a presentación do mapa (tamaño, vista satélite…).
miércoles, 24 de octubre de 2012
Práctica 11: Albums web Picasa
Facendo uso da aplicación flickrr vista anteriormente e dos albums web
picasa crear varios albúms en Picasa Web (Para iso ir a google- fotos e
crealos alí), posteriormente publicalos e copiar a URL para insertalos
no blogue.
Picasa 3 e albúms de fotos en Picasa
QUE É?
Picasa é o software gratuito de Google que permite modificar e mellorar as fotos.
PARA QUE?
Picasa e Álbumes web de Picasa simplifican o traballo de organizar e de modificar as fotografías dixitais e logo crear álbumes online para compartilos.
Podes utilizar Picasa para deseñar e imprimir collages de fotos, crear presentacións de diapositivas con vídeo, engadir texto ás fotos ou ver as túas favoritas no escritorio ou como salvapantallas.
Podes publicar un álbum de fotos online só con un clic.
Podes mellorar casi todas as imaxes gracias ás ferramentas de Picasa para problemas comunes como os ollos roxos, as cores e a iluminación. Tamén podes perfeccionar e aplicar efectos as fotos. Ademais podes engadir facilmente etiquetas xeográficas as fotos para recordar onde as quitaches utilizando Google Maps.
As opcións de Picasa Web de subir imaxes é moi limitada, so podemos subir 5 imaxes ou arquivos de video.
Pero co programa Picasa unha vez instalado no ordenador podemos subir á web albumes enteiros, tendo en conta que Picasa Web regala 1 GB de almacenamento.
COMO INSTALAR PICASA NO ORDENADOR
Para descargar Picasa grátis
http://www.softonic.com/s/descargar-picasa-3-gratis-espanol
PARA QUE?
Picasa e Álbumes web de Picasa simplifican o traballo de organizar e de modificar as fotografías dixitais e logo crear álbumes online para compartilos.
Podes utilizar Picasa para deseñar e imprimir collages de fotos, crear presentacións de diapositivas con vídeo, engadir texto ás fotos ou ver as túas favoritas no escritorio ou como salvapantallas.
Podes publicar un álbum de fotos online só con un clic.
Podes mellorar casi todas as imaxes gracias ás ferramentas de Picasa para problemas comunes como os ollos roxos, as cores e a iluminación. Tamén podes perfeccionar e aplicar efectos as fotos. Ademais podes engadir facilmente etiquetas xeográficas as fotos para recordar onde as quitaches utilizando Google Maps.
As opcións de Picasa Web de subir imaxes é moi limitada, so podemos subir 5 imaxes ou arquivos de video.
Pero co programa Picasa unha vez instalado no ordenador podemos subir á web albumes enteiros, tendo en conta que Picasa Web regala 1 GB de almacenamento.
COMO INSTALAR PICASA NO ORDENADOR
Para descargar Picasa grátis
http://www.softonic.com/s/descargar-picasa-3-gratis-espanol
COMO SUBIR E CREAR ALBUMES WEB EN PICASA
Tutorial: Cómo publicar fotos com Blogger.com & Picasa 3
http://www.youtube.com/watch?v=K_jnsVZimzg
COMO ACCEDER AOS ALBUMES WEB DE PICASA COA NOSA CONTA DE GOOGLE
martes, 23 de octubre de 2012
Aplicacións: Flickrr

QUE?
Flickr é un grande almacén de fotografías e vídeos en liña.
PARA QUE?
Serve
fundamentalmente para gardar fotografías, como un álbum enorme que non
nos ocupa espazo no disco duro do noso ordenador, pero tamén para
compartir fotos, xa que son de uso libre (non existen dereitos sobre as
imaxes colgadas na rede dentro deste programa). Tal como figura na
propia páxina da aplicación, a súa función principal é o intercambio.
Ademais funciona como un arquivo pois as fotografías están ordenadas e organizadas mediante etiquetas que facilitan as buscas.
ONDE?
O enderezo electrónico é moi sinxelo: http://www.flickr.com/
aínda que en castelán figura como www.flickr.com/groups/flicrkrenespaol
Máis sinxela é a versión de flickrcc (http://www.flickrcc.bluemountains.net/)
COMO?
Hai
dúas posibilidades dentro deste programa: unha versión gratuíta, que é a
que nos interesa aos usuarios en xeral, e outra versión de pagamento.
Coa primeira versión temos a posibilidade de subir dous vídeos e 100 Mb
en fotos por mes (na de pago a capacidade é ilimitada).
Para
crear unha conta é preciso un ID de Yahoo. Se non o tes na mesma páxina
podes crealo, só precisas cubrir os datos típicos para rexistrarte
(nome, apelido, sexo, data de nacemento, país, etc.). Despois só tes que
inscribirte.
Pero
realmente o máis cómodo é usar a variante flickrcc que resulta moito
máis sinxela. Aquí non necesitas rexistrarte para ter acceso ás
fotografías e podes seleccionalas e modificalas ao teu antollo mediante o
programa picnik:
- dentro de editar: rotar, recortar, cambiar tamaño, cor, enfoque, eliminar os ollos vermellos;
- dentro de crear: incluír efectos, engadir textos, adhesivos, marcas, adornos, empregar modelos con motivos predeterminados (Día da Nai, Pascua, San Valentín, vacacións, etc.).
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
Para máis información podedes botar man dos titoriais que existen na rede:
www.portal.educ.ar/debates/educacionytic/debate/el-mundo-en-un-telar-de-imagenes-.php (no Portal educativo do Estado arxentino)
www.emagister.com/tutorial-flickr-cursos-2463653.htm
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
