Mostrando entradas con la etiqueta Prácticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prácticas. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de marzo de 2013

Práctica 20: Máis Logos

Realizade os logos  dos exercicios que están na carpeta  2 Pract Inkscape e publicadeos no voso  blogue.

Logo 8: Gradientes de dos colores
Logo 9: Recortando bitmaps
Logo 10: Exclusión
Logo 11: Gradientes de más de dos colores

jueves, 28 de febrero de 2013

Práctica 19: Inkscape_ Logos varios

Realizade os logos  dos exercicios que vos envio por email e publicadeos no voso  blogue. O arquivo enviado por email leva por nome Practicas Inkscape II.

Logo 1: Alinear objetos
Logo 2: Diferencias con objetos
Logo 3: Alineación con un solo objeto
Logo 4: Ordenando objetos en rejillas
Logo 5: Editando nodos
Logo 6: Alineando nodos
Logo 7: Dividiendo y cortando trazos

miércoles, 31 de octubre de 2012

Práctica 12: Google maps

 
A práctica consiste en incluir no blog personal varios mapas.
Busca, por exemplo, en “Google maps” a rúa ou lugar no que vives.
Na parte superior dereita da pantalla aparece o termo “enlazar”. Aquí temos dúas opcións: A URL do mapa (que aparece en primeiro lugar), ou o código HTML para insertar nun sitio web.
Debaixo da segunda opción temos a posibilidade de ver unha vista previa e personalizar a presentación do mapa (tamaño, vista satélite…).

miércoles, 24 de octubre de 2012

Práctica 11: Albums web Picasa

Facendo uso da aplicación flickrr vista anteriormente e dos albums web picasa crear varios albúms en Picasa Web (Para iso ir a google- fotos e crealos alí), posteriormente publicalos e copiar a URL para insertalos no blogue.

jueves, 18 de octubre de 2012

Práctica 10: Presentación con Google docs

Facendo uso da aplicación Google Docs realizar unha pequena presentación/documento word/ folla xls en grupos de 2-3 sobre diferentes temas. Crear o documento en Google Docs, compartilo cos membros de grupo e traballar on-line. Traballar neste documento únicamente empregando as ferramentas das que dispoñemos en Google Docs e publicala no blogue.

jueves, 11 de octubre de 2012

Práctica 9: Publicar presentacións no blogue

Para publicar calquer arquivo con formato DOC, PPT, XLS, JPG..... debemos facer o seguinte:
1) Ir a Google-docs subir o arquivo e publicalo.
2) Unha vez publicado copiar a URL (coomo por exemplo: <iframe src="https://docs.google.com/present/embed?id=dg95mcgq_1dwb9993v" frameborder="0" width="410" height="342"></iframe>) e insertala coma nova entrada no blogue en Edición de HTML.

Exemplos:
3) Publicar a vosa presentación de powerpoint feita durante os primeiros días de clase.

4) Buscar outras presentacións e publicalas

martes, 9 de octubre de 2012

Práctica 8: Incrustar videos no blog

Para a incrustación dun vídeo no blog o único que temos que facer é copiar o código que aparece na páxina do vídeo en Youtube en EMBED e pegalo na nova entrada de blogger, no lugar onde queiramos que vaia o vídeo.

lunes, 8 de octubre de 2012

Práctica 7: Lista de Blogs e contador WEB

Lista de blogs e contador web.

No blog persoal da materia, cada alumno e alumna deberá incluír unha lista de enlaces cos blogs dos compañeiros/as de clase.
(Acceder – Diseño – Elementos de la página – Añadir un Gatdget – Lista de Blogs/Lista de enlaces) 

Tamén incluirá un contador web.
Un contador web é un programa informático que indica o número de visitantes que unha determinada páxina web recibe. Unha vez configurado, estes contadores incrementaranse un a un tras cada visita á páxina.
Blogger, polo de agora, non ofrece esta ferramenta pero existen diferentes páxinas nas que poder obtela gratis. Un exemplo é
contadorweb
Pódese seleccionar un contador de entre un curto, pero suficiente, catálogo de contadores de visitas. Selecciona o máis axeitado ó deseño da túa páxina.
Na mesma páxina tes as instrucións para instalar o contador en Blogspot.

miércoles, 3 de octubre de 2012

Práctica 6: Publicar entradas no blogue

Cada alumno deberá incluir varias entradas no blogue
1) Definición das TIC's
2) Tamén se deberán incluir varias entradas con imaxes e enlaces a determinadas WEB de interés
3) Enlazar tamén determinados blogues que se consideren interesantes

martes, 2 de octubre de 2012

Práctica 4: Creación dun blogue



Cada alumno creará o seu propio blog personal con Blogger (WWW.BLOGGER.COM)
 
Blogger , é unha ferramenta gratuíta de Google para crear blogs , que ademais , non necesita nada mais que seguir uns cantos pasos polo noso navegador, cos que teremos o noso blog listo , tamén do mesmo xeito que con blogger existen outros sitios onde crear o noso blog.

Práctica 3: Envío de correos electrónicos

A) Envio de correos eléctrónicos os compañeiros.

B) Envio de correos con CCO.

C) Envio de arquivos adxuntos. Buscar deficicións de TIC e envialas por correo electrónico.

lunes, 1 de octubre de 2012

Práctica 2: Opcións avanzadas de GMAIL

1) Configuración

a) Xeral

Dentro deste apartado, ademais de elixir a lingua de visualización de Gmail tamén podemos seleccionar unha imaxe que todos os contactos leran cando se lles envíe unha mensaxe. Tamén se pode inserir unha imaxe para cada un dos contactos. Neste mesmo apartado poderemos seleccionar firmar un e-mail, que se axuntará o final de todas as mensaxes enviadas. Poderase tamén seleccionar o envío dunha resposta automática a todos os e-mails recibidos.

b) Contas e importación

Dentro desta pestana permítesenos importar o correo e os contactos dende outro enderezo.Os enderezos importados logo se poderán xestionar dende a axenda. Tamén se nos permite enviar correo empregando outra dirección. Dende esta mesma pestana tamén se nos permite cambiar a configuración da nosa conta (cambio de contrasinal e opcións de seguridade).

c) Etiquetas

Permítenos amosar ou ocultar as carpetas que nos interesen (enviados, recibidos, borradores, Spam, papeleira.......). Tamén nos permite crear carpetas novas para organizar o noso correo segundo as nosas necesidades (Correo persoal, viaxes, traballo....etc).

d) Reenvío

Danos a posibilidade de reenviar unha copia do correo entrante a outro enderezo ou de crear un filtro se so desexamos enviar algún correo.

2) Axenda, contactos.

a) Os meus contactos

Permítesenos engadir novos contactos, buscar contacto e organizalos por grupos (por exemplo: familia, compañeiros, amigos….). Tamén podemos ter outro grupo que se refira os máis contactados e outro onde aparezan todos os contactos ordenados por orde alfabético. Da mesma forma poderanse eliminar grupos cando así se desexe e importar ou exportar enderezos.

3) Chat

a) Gmail ofrece a posibilidade de ter un chat on line se así se require con todos ou algúns dos contactos.

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Práctica 1:Crear contas de mail en GMAIL


1) Debe crearse unha conta de correo en GMAIL co seguinte nome de usuario: nomeapelido.barranha de modo que todos os alumnos dispoñan dunha conta de correo nomeapelido.barranha@gmail.com

2) Envio dun correo a profesora: belenarrojo.barranha@gmail.com

Práctica o: Presentacións powerpoint

Co obxectivo de realizar unha avaliación inicial realizanse e expoñense presentacións powerpoint por cada un dos alumnos relacionadas cos seguintes temas: Os ordenadores- Evolución histórica, Software libre, As redes sociais, Hardware, Programas de edición fotográficos, Programas de edición de audio, Internet: Vantaxes e perigos do seu uso.....

Faise unha primeira avaliación non só do dominio do powerpoint senón tamén das técnicas de elaboración dunha presentación, esquematizacións e presentación en público. Cada alumno fai a súa presentación, posteriormente fanse comentarios, propostas de mellora e un debate entre todos.