
QUE?
Flickr é un grande almacén de fotografías e vídeos en liña.
PARA QUE?
Serve
 fundamentalmente para gardar fotografías, como un álbum enorme que non 
nos ocupa espazo no disco duro do noso ordenador, pero tamén para 
compartir fotos, xa que son de uso libre (non existen dereitos sobre as 
imaxes colgadas na rede dentro deste programa). Tal como figura na 
propia páxina da aplicación, a súa función principal é o intercambio.
Ademais funciona como un arquivo pois as fotografías están ordenadas e organizadas mediante etiquetas que facilitan as buscas.
ONDE?
O enderezo electrónico é moi sinxelo: http://www.flickr.com/
aínda que en castelán figura como www.flickr.com/groups/flicrkrenespaol
Máis sinxela é a versión de flickrcc (http://www.flickrcc.bluemountains.net/)
COMO?
Hai
 dúas posibilidades dentro deste programa: unha versión gratuíta, que é a
 que nos interesa aos usuarios en xeral, e outra versión de pagamento. 
Coa primeira versión temos a posibilidade de subir dous vídeos e 100 Mb 
en fotos por mes (na de pago a capacidade é ilimitada).
Para
 crear unha conta é preciso un ID de Yahoo. Se non o tes na mesma páxina
 podes crealo, só precisas cubrir os datos típicos para rexistrarte 
(nome, apelido, sexo, data de nacemento, país, etc.). Despois só tes que
 inscribirte.
Pero
 realmente o máis cómodo é usar a variante flickrcc que resulta moito 
máis sinxela. Aquí non necesitas rexistrarte para ter acceso ás 
fotografías e podes seleccionalas e modificalas ao teu antollo mediante o
 programa picnik:
- dentro de editar: rotar, recortar, cambiar tamaño, cor, enfoque, eliminar os ollos vermellos;
- dentro de crear: incluír efectos, engadir textos, adhesivos, marcas, adornos, empregar modelos con motivos predeterminados (Día da Nai, Pascua, San Valentín, vacacións, etc.).
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
Para máis información podedes botar man dos titoriais que existen na rede:
www.portal.educ.ar/debates/educacionytic/debate/el-mundo-en-un-telar-de-imagenes-.php (no Portal educativo do Estado arxentino)
www.emagister.com/tutorial-flickr-cursos-2463653.htm
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario