
PARA QUÉ?
Servizo
  de Google que nos permite crear unha axenda acesible dende web ou  
móvil, que poderemos compartir con outros, incrustar nunha páxina web ou
  blogue, e dende a que obter recordatorios por correo electrónico ou  
mensaxe de móvil
ONDE?
Na páxina principal de google clic sobre calendar ou directamente aquí
COMO?
1.
  Precisamos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de  
acceso escribimos nome de usuario e contrasinal. Resistrámonos (Nome,  
Apelidos, Ubicación...)
2.
  Despois do resistro accedemos a páxina principal do calendario. 
Podemos  empezar a usar o calendario por defecto que levará o nome da 
nosa conta  de correo electrónico e crear outros. Tamén aparecerá por 
defecto o de  días festivos.Sobre cada calendario creado, poderemos 
editar os  detalles, decidir como o queremos compartir e configurar as  
notificacións
3. Sobre os días do calendario escribimos os eventos que nos interesan e editamos as súas propiedades.
4.
  Se queremos publicar o noso calendario por exemplo nun blogue debemos 
 configuralo como compartido. Facemos botón dereito dobre o calendario  
que queremos compartir e en configuración do calendario facemos clic  
sobre "incrustar este calendario", personalizamos as opcións, copiamos o
  código e o pegamos no blogue.
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
videotitoriais en youtube e outros
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario